My Writings. My Thoughts.
Últimos traballos: contidos formativos de Hixiene en Industrias Alimentarias
// 27 de Mayo, 2010 // Non hai comentarios » // Últimos traballos
Arola Consultora do Mar s.l.p. colaborou con ANFACO-CECOPESCA e Ideara s.l. na elaboración dos contidos formativos e material didáctico para o Módulo de Hixiene Xeral na Industria Alimentaria incluido no Certificado de Profesionalidade: Operacións profesionais de mantemento e transporte interno na industria alimentaria.
Nova web para Arola Consultora
// 30 de Septiembre, 2009 // Non hai comentarios » // Novas
Arola Consultora presenta a súa nova páxina web, unha ferramenta moito máis útil para nos e para todos os nosos clientes e amigos. Nela, ademáis de consultar toda a información referente á empresa, poderás ver os nosos últimos proxectos, deixarnos opinións e comentarios e desfrutar de todo o que vos ofrecemos.
Veña, pasade a descubrir todas as novidades de Arola Consultora!!
Un dos nosos últimos traballos: O Proxecto LIFE
// 30 de Septiembre, 2009 // Non hai comentarios » // Novas, Últimos traballos
Arola Consultora do Mar s.l.p. colaborou na elaboración e presentación da candidatura “Recuperación de las poblaciones de Margaritifera margaritifera y Galemys pyrenaicus en la Cuenca del río Ulla (Galicia)” para a convocatoria LIFE 2009.
Acrónimo: MARGAL ULLA
Especies obxectivo: Margaritifera margaritifera e Galernys pyrenaicus.
As dúas especies atópanse na Directiva Hábitat; Anexos II: Especies animais e vexetais de interese comunitario para cuxa conservación é necesario designar zonas especiais de conservación.
M. margaritifera inclúese así mesmo no Anexo V de dita Directiva: “Especies de animais e vexetais de interese comunitario cuxa recollida na natureza e cuxa explotación poden ser obxecto de medidas de xestión”.
G. pyrenaicus pola súa parte está incluído no Anexo IV de dita Directiva: “Especies animais e vexetais de interese comunitario que requiren unha protección estricta”.
Seguir lendo »
